RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González: "Euforia de que? Gañamos un partido. Non nos volvamos tolos"

Natxo González, co Dépor como líder provisional de LaLiga 1|2|3, fixo na rolda de prensa un chamamento á tranquilidade: "Faime feliz gañar pero non especialmente feliz por estar hoxe líder".

O técnico deportivista elude na medida do posible falar sobre a situación clasificatoria do equipo: "Non podemos falar destas cousas na xornada 15. ¿Euforia de que? Gañamos un partido. Non nos volvamos tolos, por deus. Anda que non temos que traballar cada partido e non nos queda nada por diante. Non nos equivoquemos. Estamos nunha boa liña. Estamos fiables en ABANCA-RIAZOR. Pero cuidadín. Aquí cando sacas peito, enseguida métencho".

Cre que nunha tarde chuviosa e cun terreo de xogo moi mollado "estivemos ben. Adaptámonos a unha situación nova que quizais non viviramos. A resposta foi moi boa".

Iso si, advertiu que debido ás inclemencias metereológicas "a idea cambiámola. Hoxe non vimos ao Dépor xogando desde atrás, con centrais, con porteiros, co lateral. Era claro que tiñas que recorrer a accións máis directas e ademais vendo que non paraba de chover tiñamos que adaptarnos".

Pola súa banda, Jagoba Arrasate, técnico do Osasuna, desfíxose en eloxios cara ao Dépor: "A min é o equipo que máis me gusta. Ten unha chea de rexistros, bos futbolistas, bo adestrador. Todos preguntades se vai ascender. Igual a pregunta é cando vai ascender".

O adestrador osasunista cre que o Deportivo "ten boa pinta e demostrouno. Nesoutro tipo de partido manexouse ben. Nós tamén estivemos ben. Ao final están un banzo por encima noso".