RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González incrementa a intensidade cun esixente adestramento hoxe martes

A pouco máis de 3 días para o debut en LaLiga 1|2|3 en Albacete (venres 17 de agosto, 22:00 horas, Gol), Natxo González, técnico deportivista, incrementou hoxe martes a intensidade do traballo en, probablemente, o adestramento máis duro desta curta semana.

Os futbolistas, entre os que se atopaban os xuvenís Alberto (porteiro) e Gonzalo, arrincaron cun circuíto físico con balón.

A continuación, o técnico deportivista dispuxo un partido táctico de 11 contra 11 a todo o campo 2, no que impartiu constantes instrucións.

Hoxe tiveron adestramento específico Christian Santos, Bicho e Francis. Borges, con permiso do Club, non saltou ao céspede.

Mañá mércores, o cadro adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.