RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González márchase "desgustado. Cando vexo aos meus equipos así son o responsable"

Natxo González mostrouse na sala de prensa "desgustado. Cando vexo aos meus equipos así son o responsable. Considérome o responsable do partido que fixo o equipo aquí. A miña toma de decisións non foi boa para o partido que era. Isto é a aprendizaxe".

Recalca que "cando un colectivo propuxo sobre o campo o que fixo, considérome o máximo responsable. E por iso estou desgustado. Agora dareille mil voltas se fixese isto ou o outro. Son decisións que se toman. Non estou a gusto. Este punto non me sabe a nada".

É máis, opina que "hoxe sería igual que xogásemos en rombo, en rectángulo, que con 5 atrás ou 5 adiante. Á parte do futbolístico hai o outro fútbol. E niso tampouco estivemos ben. Entendendo que o Almería en casa aí están os seus números, que non era fácil. Pero sabiamos o que nos íamos a atopar. Por iso síntome responsable. Non preparara ao equipo.

O técnico deportivista viu ao seu equipo "inferior en todos os sentidos, nos duelos individuais, no corpo a corpo. O plan non era obviamente o que vimos no campo".

Tentou cos cambios, dous deles no descanso, "mellorar algo. Estabamos a ser superados en todos os sentidos. Tratar de ter un centro de campo con algo máis de disputa a nivel físico, ter algunha opción de poder subir un banzo a intensidade e a agresividade".

E despois de todo, saca o adestrador branquiazul unha conclusión positiva: "Aínda non estando ben, sumas 1 punto. Porque somos o Dépor e unha xenialidade dun xogador, neste caso Fede, dáche un punto. E isto a longo prazo pode ser decisivo".