RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González márchase "satisfeito" en cómputo xeral

Natxo González acabou o encontro ante o Málaga cunha sensación "agridoce. Doce porque após poñerte por detrás no marcador ante este equipo fuches capaz de non perder. Agre por empatar. Estabamos nesa dinámica xa importante, e quedámonos con 10".

O técnico deportivista márchase "satisfeito. No primeiro tempo o equipo rival non nos tirou. Nós tivemos 2 boas. É un partido de non moitas ocasións, como xa se prevía. Tes que ser eficaz. Tivemos 2 boas para poñernos por diante e non o fixemos. Daquela o que é o Málaga. Con calquera circunstancia dentro da área rival ponse por diante".

Manifestou que "na miña vida" viu unha expulsión por vermella directa como a que sufriu Quique González esta tarde. "Sempre hai unha primeira vez para todo", engade. Subliñou que lle pareceu "inxusto o que ocorreu. É un erro grave que nos prexudicou dentro da dificultade que ten arbitrar, dentro dos erros que todos somos humanos. Paréceme que é un erro moi groseiro".

Pola súa banda, Juan Ramón López Muñiz, técnico do Málaga CF, destacou que o seu equipo "estivo até o final no partido con ocasións. Adiantouse no marcador. Viñamos a un campo difícil, contra un moi bo equipo. Sabiamos da dificultade".

Explicou que o Málaga "tivo os seus momentos. Foi unha pena que ao final os dous equipos quedamos con ese sabor de boca que podiamos gañar. Hai que dalo por bo. E hai que dar por bo o traballo, o sacrificio e o punto nun campo complicado. Seguimos mirando cara a adiante".