RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo Gónzalez: “o mellor deste partido é o resultado”

Natxo González subliñou na sala de prensa do Arcángel que "fixemos cousas mal e non soubemos xestionar o partido". "Eles con balón facíannos correr e nós non. Cando recuperabamos tiñamos boas transicións pero decidiamos mal nos últimos metros, e volta para atrás. E no xogo posicional era fácil desaxustalos e estivemos precipitados. Non lles fixemos correr igual que eles a nós", engade.
O técnico deportivista admite que "na segunda parte o rival esixiunos moito. Non sei se tivemos algunha falta a favor que nos permitise ter algo máis o balón". Así pois, conclúe que "o resultado é xusto. O mellor deste partido é o resultado".
Preguntado pola actuación arbitral, con tres expulsións para o Dépor, o adestrador branquiazul indicou que "non teño ningunha defensa. Por desgraza non nos podemos defender de nada. Témonos que calar. Témonola que comer. Non podo defenderme porque se tratase de facelo, ía dicir cousas que posiblemente me ían a prexudicar. Sinto bastante prexudicado para que sexa máis ainda”.