RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González pide "concentración máxima nun partido de detalles"

Natxo González manifestou esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que mañá domingo 24 de febreiro na Rosaleda (18:00 horas, Movistar Partidazo) ante o Málaga CF "temos que estar nunha concentración máxima porque é un equipo que ten xogadores importantes e en calquera lance do xogo pode desnivelarse o marcador tanto dun lado como para outro".

Precisamente do conxunto andaluz subliña o técnico deportivista que "é un equipo moi forte a nivel físico, moi forte en centros laterais, moi forte en accións a balón parado. Ten desequilibrio en bandas coa incorporación de Iván Alejo. Ten xogadores de banda para vir cara a dentro pero tamén con profundidade. É un partido de detalles, que se adoita dicir".

Así mesmo, recalca que "son 3 puntos importantes no futuro. Non son decisivos pero si importantes. Nunca sabes se decisivos no ultimo suspiro da temporada".

Admite estar aliviado pola recuperación dos lesionados (Mosquera, Vicente e Carlos Fernández): "Como sempre dicimos, iso xera maior competencia. E cando hai maior competencia, hai maior rendemento. É complicado ter que elixir. Pero prefiro ter a todos dispoñibles e tomar decisións que sexan máis por motivos técnicos que por motivos físicos".

Reitera que o concurso de todos "é importante porque nos queda moito. É importante estar todos ou a maioría".