RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González quere mañá en Alcorcón "un partido o máis pausado posible"

Natxo González, técnico deportivista, opina que o Alcorcón, rival do Dépor mañá sábado 15 de setembro no campo de Santo Domingo (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) "é un clásico da categoría. Como local sempre é un equipo forte, moi intenso, moi agresivo, compacto. Persoalmente foi un campo onde sempre padecín bastante".

Explica que o conxunto madrileño "mantivo bastante a base do ano pasado. É un equipo bastante reconocible, cun novo adestrador", en referencia ao ex deportivista Cristóbal Parralo.

Espera un partido no que o rival "nos vai a presionar moito. Vai ser un partido de moita segunda xogada, de moitas accións a balón parado. É un campo que require de moita concentración porque é un equipo que en poucos momentos méteche na área e temos que ser capaces de que sexa un partido o máis pausado posible".

Non está de acordo en que as dimensións de Santo Domingo sexan máis reducidas: "Dá a impresión de que é un campo pequeno, polas bancadas, pola proximidade do público. Pero en canto a dimensións reais non é un campo pequeno. As últimas visitas que fixen, comprobei as dimensións que ten e non é máis pequeno que outros campos".

Concede moita importancia a seguir invicto na competición ligueira: "Aquí do que se trata é de sumar e esa é a nosa idea. Sabemos da dificultade pero estamos preparados".

Ve ao cadro "ben. A chegada de Christian na parte de arriba dános máis alternativas. Aí estabamos un pouco limitados. Favorece a xestión dos homes de arriba. O cadro está ben e á espera da resposta na competición".

Así mesmo, vaticina variacións no once, "nunha semana de moitos partidos e ademais moi continuados. Pero o equipo é o mesmo. Non quero separar un equipo doutro (liga e copa). Seguimos sendo o Dépor e xoguen uns e outros, a idea do equipo é a mesma".

Da primeira parte do pasado mércores en Zaragoza, recoñece que "hai que facer o maior número de minutos a bo nivel. Non foi un mal nivel (a primeira parte) aínda que ofensivamente faltounos ter profundidade. Pero non me preocupa demasiado".

Con 5 partidos oficiais xogados (4 de liga e 1 de Copa), Natxo apunta que o Deportivo é xa "un equipo reconocible, que queremos ver. A partir de aí a continuidade e ir mellorando en moitos aspectos: automatismos ofensivos principalmente".