RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González recibiu onte o agarimo dos nenos e nenas do DéporCampus Cabreiróa Abegondo

Os 160 nenos e nenas que gozaron na Cidade Deportiva de Abegondo da terceira semana dos DéporCampus Cabreiroá 2018 tiveron onte venres unha visita especial no seu último día.

O técnico do Deportivo, Natxo González, foi o invitado ao fin de festa, á entrega de diplomas no campo 1 de Abegondo, á que asistiron ademais un nutrido grupo de familiares desde a bancada.

Bastaron só apenas 3 días na Coruña para que os deportivistas máis pequenos presentes onte no DéporCampus fosen capaces de responder ao speaker do Club, José Luis Núñez, cando este o recibiu así: "Convosco, Natxooo..." "¡González!", gritaron ao unísono nenos e nenas.

A continuación, o novo técnico branquiazul entregou un a un os diplomas a cada participante e pousou cos 16 grupos distribuídos por idades. Unha foto de grupo e un cariñoso aplauso de todos serviu para que Natxo González puidese gozar dunha actividade que o RC Deportivo reforza cada ano.

Un sorteo de agasallos (mochilas, gorras, lentes, toallas... do Dépor) e unha foto invididual de cada neno e nena co seu diploma puxeron o punto e final a unha semana de diversión en clave branquiazul.

A próxima semana, un total de 205 nenos e nenas integrarán o DéporCampus en Abegondo, ademais de en Cuntis e Dumbría.

Nesta ligazón podes cubrir o formulario para participar en calquera dos DéporCampus Cabreiroá 2018. O peche do prazo de inscrición de cada quenda producirase ao mediodía do xoves previo ao comezo de cada un deles. Está aberta a inscrición nos dúas últimas quendas de Abegondo, o de Monforte e Camargo (Santander).

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 15 localizacións. Este verán estréanse 6 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro, Camargo (Cantabria) e Plasencia (Cáceres), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).