RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González, satisfeito "por Carlos Fernández e pola forma (da vitoria)"

Natxo González lembrou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que "non é fácil nesta competición gañar con esa contundencia. De cando en vez non vén mal".

O técnico deportivista eloxiou "obviamente" a actuación de Carlos Fernández, autor de 3 goles, que "estivo moi ben na definición. Satisfeito por el pero pola forma".

Resaltou así mesmo o traballo defensivo do equipo: "Iamos gañando 3-0 e 4-0 e o noso obxectivo era deixar a portería a cero. Levabamos varias xornadas sen facelo e o obxectivo principal neses momentos era non encaixar".

Na súa opinión, "froito do primeiro tempo de desgaste arriba veu logo o segundo. En ABANCA-RIAZOR os partidos para o rival téñense que facer moi longos. Ao comezo do partido todo o mundo está fresco pero se somos capaces de esixirlles como o fixemos, obviamente no segundo ábrese outro escenario".

Concluíu a súa comparecencia pública cunha mensaxe ao deportivismo: "Necesitámoslles. Temos que provocar nós esa resposta. Este público imos consentir que poidan reprochar a un xogador a falta de intensidade, de responsabilidade, de profesionalidade. Logo pódenche saír mellor ou peor as cousas. Necesitabámoslles para sacar os 3 puntos e aí estiveron. Esperemos que sexa así até o final".

Pola súa banda, Pacheta, técnico do Elche CF, cualificou de "dura" a derrota: "Temos que ser moito máis contundentes en todo o que fixemos hoxe".

Considera o adestrador ilicitano que "o rival foi mellor. Pasounos por riba. Foi mellor o Deportivo. Só queda felicitarlle e aprender rápido deste partido".