RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González: "Sempre é importante que a distancia co primeiro sexa a mínima posible"

Natxo González manifestou esta mañá na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR, que "cando un equipo é capaz de gañar varios partidos e coller unha dinámica positiva é porque o equipo está seguro. É o que nos pedimos, esixímonos. Ter esa capacidade para chegar a ese punto de sentir no campo que estás ben. E que faga o que faga o rival estás por riba de calquera circunstancia. Iso conségueno os equipos gañadores, os que gañan moito. Estamos nese camiño. Colleitamos dúas vitorias e a ver se somos capaces de conseguir unha terceira. Sabedes que non é fácil nestas categorías".

Preguntado pola baixa de Vicente Gómez, o técnico deportivista mostrouse convencido de que "daremos resposta ante esta baixa como ante calquera. Sempre falamos da profundidade do cadro e da competencia entre compañeiros".

Ademais, en ton irónico deu as grazas a Quique González porque "o feito de meter só 4 goles a temporada pasada permitiunos poder telo nós este ano. É un xogador dunha demarcación moi concreta polo seu sacrificio, o seu traballo. Pode xogar en banda e se o pos de lateral esquerdo, seguro que o faría ben. Onde séntese cómodo é arriba porque é un rapaz con gol. Son bos números pero non me sorprende demasiado".

Do líder de LaLiga 1|2|3, o Málaga, rival mañá domingo (18:00 horas, Movistar Partidazo), indica que "ten uns números defensivos que chaman a atención. É un equipo moi fiable, que non pasa nada se non ten o balón. Ten capacidade para telo tamén de mediocampo cara arriba. É moi forte a balón parado. Fixo 3 goles vindo dun saque de banda. É un equipo moi maduro".

Aínda que lembra que en xogo están só 3 puntos, "sempre é importante que a distancia co primeiro sexa a mínima posible. Mañá temos unha oportunidade de que sexa así".