RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González vaticina mañá en Almería "un partido de ida e volta"

Natxo González vaticina mañá luns 19 de novembro ante o UD Almería no Estadio dos Xogos Mediterráneos (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV) un partido "de ida e volta".

Por este motivo, pide aos seus futbolistas "ter coidado coas perdas de balón e tratar de impornos na medida da posible coa nosa forma de pensar".

Da UD Almería, destaca o técnico deportivista que "ten bos números en casa, cos 4 últimos partidos con vitoria. É un equipo alegre, fresco, con moita velocidade nas bandas, moi perigoso nas transicións de defensa e ataque".

Aínda que en caso de vitoria mañá o Dépor podería acceder por primeira vez na temporada a postos de ascenso directo, Natxo González lembra que esta circunstancia "non me quita o sono. Vou estar feliz mañá á noite se gañamos pero non polo feito de que nos poñamos líderes. É anecdótico e o importante é estar aí. É bonito, xera ilusión pero neste momento non é o que máis me quita o sono".

Após confirmar a Christian Santos no once inicial, con Carlos Fernández ausente debido á convocatoria coa selección española sub-21, o adestrador branquiazul explica que a presenza do internacional venezolano "non nos vai a facer cambiar o estilo. Si que é un xogador distinto aos demais. É máis un xogador de área, bo rematador, cun bo xogo aéreo. Pero non vai modificar a nosa estrutura. Teño unha posible variante pero pode actuar da mesma maneira que o están facendo os demais".