RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González viu dous partes ben diferenciadas no partido

Natxo González recoñeceu na sala de prensa do Estadio Heliodoro Rodríguez López de Tenerife que na segunda parte "desbordounos o partido. En moitos casos fomos desbordados. Non atopabamos o que queriamos. No corpo a corpo é un equipo moi intenso, que xa o sabiamos. Esa intensidade hai que contrarrestala movendo o balón rápido e facéndoo levar a espazos que a nós nos interesasen. No primeiro tempo fixémolo ben, e no segundo mal".

O técnico deportivista lembra que "xa entendiamos que neste campo o Tenerife esíxeche moito. Hai minutos de moita esixencia".

Tralo descanso, confesou que "esperaba unha saída deste tipo (do rival). E non soubemos saír desa situación, na cal o Tenerife nos someteu. É unha das súas características".

Opina que "en 20 segundos cámbiache da emoción máxima de poñerche por diante, que estaba todo acabado, a esa falta, o empate... Sei que até o último instante non podes perder a concentración e quizais nesa última xogada perdémola".