RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González: "volveremos ser o equipo que fomos"

Após o RCD Mallorca-Dépor, Natxo González analizou o partido tendo moi claras as claves do mesmo: "na primeira parte, sen facer nada do outro mundo ante un equipo moi repregado, tivemos o balón pero unha conservación sen finalización, coma se non houbese portería. Custounos moito durante todo o partido atopar espazos para correr, ser desequilibrantes nos últimos metros e a partir de aí eles foron collendo seguridade e a balón parado xeráronnos moitos problemas e sempre estivemos incómodos. Non conseguimos desbordar nin finalizar e eles creceron desde esa seguridade. A diferenza foi a contundencia nos últimos metros, o seu gol di moito do partido que foi".

A análise do adestrador foi máis aló deste choque: "levamos tres xornadas sen meter, anormal até este momento, pero cando chegan estes momentos hai que saber reaccionar e dar resposta e como ben dis contra un equipo repregado o xogo faise lento. Estamos nesa fase na que ante un equipo ben plantado defensivamente cústanos ser precisos e ter a idea clara para finalizar xogada".

Cuestionado por se está preocupado pola situación recoñece que "si que é indubidable que é o peor momento, estamos todos decepcionados pero a partir de aí ocupado. Isto entra dentro da normalidade da categoría, forma parte nunha liga tan larga dunha fase, o importante é saír dela e dar resposta a unha situación nova para nós como equipo. A ver como reaccionamos e ás veces vai ben vivir momentos destas características e que non todo sexa un camiño de rosas. Volveremos ser o equipo que fomos. Quero transmitir á nosa xente tranquilidade aínda que podamos estar enfadados. O equipo ten actitude porque o demostrou e seguro que imos saír adiante", concluíu.