RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo non se vai satisfeito co empate, aínda que recoñece que "é un bo resultado"

Natxo González manifestou na sala de prensa de La Rosaleda que o empate a cero desta tarde entre o Málaga CF e o Deportivo "en liñas xerais podemos considerar como un resultado xusto".

É máis, lembra que "os porteiros en momentos concretos foron importantes".

O técnico deportivista asegura que "nós polo menos fixemos o noso traballo, o que estaba un pouquiño no guión".

Confesa o adestrador branquiazul que non se marcha "satisfeito co empate, pero recoñezo que é un bo resultado".

Sobre o futuro, Natxo apunta que "temos agora un mes sen saír de ABANCA-RIAZOR. Ten que ser un mes produtivo pero desde o respecto e a tranquilidade".