RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo pide "tranquilidade porque isto non fixo máis que empezar"

Natxo González, técnico do Deportivo, resumiu así o encontro na sala de prensa de Santo Domingo: "Entramos ben ao partido. Se ha ir impoñendo o Alcorcón co seu xogo. Igualouse o partido, eles con máis sensación de perigo e puxéronse por diante. Sabemos que é un equipo que se se pon por diante, é número 1 en saber xestionar esa diferenza. Fixémolo con corazón pero con pouca cabeza, que é o que se require".

Indicou que non está satisfeito "coa eficiencia ofensiva, sabendo que o rival é moi forte como local. Non acertamos coa lectura do partido, a toma de decisións que hai que tomar dentro do campo. Cando gañabamos liña de fondo volviamos cara atrás, cando había centro non estabamos en zona de remate. Moito corazón e pouca intelixencia".

Após chegar a primeira derrota ligueira, o técnico deportivista asegura que está "tranquilo, e tratarei de que dentro esteamos tranquilos. Todos queremos gañar pero estamos a incidir unha e outra vez na dificultade da categoría. Hai que aceptar que vai ser así. Hai que aceptar que independentemente de quen somos, custa moito gañar os partidos. Hai que facer moito para gañar".

Pide por conseguinte "tranquilidade, porque isto non fixo máis que comezar. É unha primeira pedra no camiño. Se xa empezamos a intranquilizarnos, no meu caso mal teríao".

Insiste coa segunda derrota desta semana, primeira na competición da regularidade, que "non podemos estar intranquilos. Estará intranquilo o que pense que iamos gañar todos os partidos e sobrados. Os que realmente coñecemos un pouquiño a categoría, isto para min entra dentro da normalidade".

Ten a esperanza, de cara ao encontro do próximo luns 24 de setembro no ABANCA-RIAZOR ante a Granada (21:00 horas, Gol / LaLiga 1|2|3 TV), de poder recuperar a algún dos lesionados, caso de Quique González, "se todo vai como vai. Esa é a idea".