RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo recalca que o Dépor gañou "sabendo sufrir cando hai que sufrir"

Natxo González recalcou na sala de prensa do Estadio Francisco de la Hera de Almendralejo o fondo de armario do Deportivo, esta noite sen Fede Cartabia nin Krohn-Dehli; pero con Vicente Gómez, Didier Moreno... "Témolo que ter. A temporada é moi longa e hai lesións, sancións, picos de forma. Temos que ter ese fondo se realmente queremos estar onde queremos", apunta.

O técnico deportivista insiste en que, após moitos anos no mundo do fútbol, "non sufrir é difícil. Se non acabas por coller máis marxe de resultado, o contrario vaiche a apertar. Tivémolo, non fomos capaces e tocaba sufrir".

Con 4 puntos de 6 disputados, Natxo González cre que "todo é mellorable. Hoxe era importante. Son moitos partidos fóra de casa. Necesitabamos unha vitoria. Foi no día de hoxe e contento".

Apunta ademais que "non é un campo fácil o de hoxe. Fomos capaces de gañar nun partido duro, sabendo sufrir cando hai que sufrir. Xogando cando tiñamos que xogar. A pena é non aproveitar unha das opcións que tivemos para chegar máis tranquilos ao final".

Sostén o adestrador branquiazul que "desde a vitoria todo se ve mellor".