RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo recoñece "un pico de forma máis baixo" no Dépor e veo "normal nunha liga tan longa"

Natxo González advertiu esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o Albacete, rival mañá domingo (18:00, Movistar Partidazo), "é o equipo que menos perdeu. Fiabilidade cento por cento. Ten números moi parecidos aos nosos: goles a favor, goles en contra... A diferenza é que teñen unha vitoria máis que nós. Son números parecidos. Destacar deste bloque a regularidade e fiabilidade. Un partido interesante cun rival directo agora mesmo".

Preguntado pola ausencia de Carles Gil da convocatoria, o técnico deportivista que "non vai estar ao 100% centrado nisto. O que menos necesitamos é desviar a atención noutra cousa que non sexa o máis importante, que é o partido de mañá".

Sobre Christian Santos, este si entre os 19 citados, vaticina que "será decisivo neste equipo. Houbo unha fase de dúbidas por parte del, de adaptación a unha forma de actuar. El deuse conta que ou se trata de adaptar ou menos posibilidades vai poder ter de competir. Agora mesmo creo que está no mellor momento da temporada. Se estás ben de cabeza, as pernas funcionan mellor".

Precisamente ante o Albacete desexa o Deportivo "que queremos todos. Primeiro gañar que é o máis importante. E se gañamos de forma bonita, mellor".

Após unha semana con moita charla e sesións de vídeo, explica Natxo González que tratou de facer "un diagnóstico, unha análise do que nos estaba pasando e témolo bastante claro. A partir de aí tratamos de pór solucións aos problemas que estamos a ter. A ver se mañá parte desas solucións vense sobre o céspede".

Coincide coas apreciacións sobre a situación que realizou Eneko Bóveda onte venres en rolda de prensa: "Hai estados de forma. Hai momentos bos, regulares e malos. Estamos a pasar por ese estado de forma, ese pico máis baixo do normal, do que vimos agora. Levamos 3 partidos sen facer gol, co cal sen facer gol non podes gañar. Tamén dixen sempre que isto está na normalidade dunha temporada tan longa, dunha liga tan longa. Estamos nese momento máis de espesura. A partir de aí, desde a tranquilidade, buscar solucións tanto a nivel individual como colectivo".

Pide o adestrador branquiazul "saír o máis limpos posibles ao terreo de xogo para tomar boas decisións e ser mellores. Iso é o obxectivo que nos marcamos esta semana: mañá saír ao campo libres e felices como para poder gozar".

Aínda que opta por non falar de ansiedade no vestiario, loxicamente "cando non saen as cousas, o nivel de auto confianza pode diminuír. Tratamos de recuperar ese auto confianza individual para que o colectivo sexa mellor, desde a normalidade".