RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Navarro: ''a priori hai boa base, bos futbolistas para alcanzar ben o obxectivo''

  Fernando Navarro, un dos futbolistas con más currículum e experiencia do vestiario branquiazul, manifestó esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que "sabendo que podemos mellorar, que temos que mellorar,

Resalta o feito de non encaixar goles: "É importante ter un equilibrio defensivo para logo poder crecer e sempre que deixes a portaría a cero é motivo de reforzo para o equipo. Ve consolidada as ideas de traballo durante a pretemporada. Pero recentemente empeza ésto, queda moito camiño por percorrer, e seguro que haberá moitas máis dificultades".

Sobre a configuración do persoal deportivista, Navarro lembra que "viñemos moitos xogadores, estamos por coñecernos aínda. A priori hai boa base, hai bos futbolistas para alcanzar ben o obxectivo. Entre todos creo que se fixo un bo persoal".
 
Da Valencia, que onte xogaba o partido de volta da eliminatoria previa da liga de Campións, o lateral deportivista, preguntado sobre a circunstancia de xogar martes e domingo o equipo ché, advirte que "a experiencia me di que estes equipos que optan a todo están adoitados, mentalmente son moi fortes e para eles é unha cousa normal xogar mércores-domingo, con pouca recuperación. O domingo esperamos á mellor Valencia posible, con moitísimas variantes e potencial ofensivo que teñen. Vai ser un rival moi difícil".
 
Está convencido o lateral deportivista que co paso das xornadas, "imos mellorar. Houberon moitas incorporacións, creo que doce ou por aí. E éso require un tempo, unha adaptación, o coñecerse, montar e facer un núcleo sólido e importante. É cuestión de tempo que o equipo vaia mellorando. Creo que moitos equipos da liga están en nosa mesma situación, con moitos cambios. Estamos en éso, na procura de formar algo importante".
 
O lateral deportivista, campión de Europa con España en 2008 e campión en dúas ocasións da 'Europa League' co Sevilla, entre outros títulos, tivo palabras de agarimo para outro insigne veterano, Albert Lopo, que cumpriu 400 partidos en Primeira o pasado sábado, converténdose no futbolista con máis partidos de todos os xogadores que forman actualmente a liga BBVA: "O outro día fixo 400 partidos. Parece fácil pero podo dicir que non é. Para nós é un orgullo e unha satisfacción que Lopo siga xogando, que siga rendendo ben, e dando exemplo aos demais".