RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Navarro: Deuse un pasito máis para non pasalo tan mal como a tempada pasada

Fernando Navarro, un dos futbolistas más laureados e con más experiencia na alta competición do vestiario deportivista, dejó claro esta mañana en rolda de prensa que o equipo "está ben situado, nunha zona que

Preguntado sobre os empates do Dépor ante rivais 'de abaixo como Levante ou Granada', Navarro corrixiu a pregunta e subliñou que "nós somos de abaixo tamén. O ano pasado pasouse moi mal e este ano deuse un pasito máis para non pasalo tan mal. Os outros equipos reforzáronse, teñen urxencias, tamén xogan, teñen argumentos. Aquí ninguén é parvo, sabe xogar".

Asegura que os derbis, como o que terá lugar en Riazor entre Deportivo e Celta o sábado 21 de novembro ás 22.05 (TVE1), non son partidos "como o resto. Tanto para nós como para a afección é importante. Esperamos chegar nas mellores condicións para o partido".

Protagonista Fernando Navarro en moitos Sevilla-Betis e Betis-Sevilla, asegura o lateral deportivista sobre o derbi galego que "desde fóra se vía un partido con tensión, con paixón. É o que se espera dos partidos importantes e que teñen rivalidade. Que haxa tensión, presión, emocións. Imos traballalo ben, preparalo ben estas dúas semanas para dar un impulso".

Ex compañeiro tamén no Sevilla do dianteiro céltico Iago Aspas, Navarro defíneo como "un bo xogador, ao que lle están saíndo ben as cousas. Defenderá o seu igual que eu defenderei o meu. No partido cada un tentará facer o mellor para o seu equipo e despois desexareille sorte como sempre. Pero no partido non hai tempo nin lugar para amizades nin persoais nin grupales".

Navarro resalta unha vantaxe no Celta: "Levan tres anos sen poucos cambios no persoal, cunha base importante. É un equipo consolidado, cunha idea moi clara de xogo e de fútbol, quizais un pouco particular pola súa forma de xogar. A proba está en que creo que é o equipo que como visitante sacou máis puntos, por diante de Real Madrid e Barcelona. E iso di moito do seu potencial e a súa forza neste inicio de tempada".

Advirte que o sábado ante o conxunto vigués, "xogamos coa forza da nosa afección. Temos que facer valer ese pequeno punto para nós a favor. Imos saír a disputalo ao máximo, sabendo o importante que é".