RCD / NOVAS

Navarro e Adrián opinan que "o equipo competiu ben"

16/09/2017 21:45

Fernando Navarro e Adrián López foron os dous tripulantes branquiazuis que atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio Benito Villamarín de Sevilla.

Así, o campión de Europa comprende, con este inicio de liga dun punto cultivado sobre doce xogados, que "a xente estea desgustada, expectante e ata nerviosa. Pero isto acaba de empezar".

Apunta o lateral deportivista que "falta sacar os partidos adiante. É entendible o que a xente pense. Levo tres anos aquí e sempre abaixo. Este ano empezamos mal, é normal que a xente estea así".

Cre Fernando Navarro que o equipo "competiu ben, estivo serio. Unicamente o acerto marcou a diferenza".

Pola súa banda, Adrián López opina que "foron os pequenos detalles os que decantaron que eles puidesen gañar. Tamén poderiamos gañar nós. É unha pena porque queriamos gañar o tres puntos, se non uno fóra de casa sempre está ben".

O dianteiro asturiano subliña que "en global o partido do equipo estivo bastante ben. Ao final pequenos detalles decantárono ao lado do Betis".

Recalca Adrián que "queremos conseguir o tres puntos canto antes. Agora hai outro partido rápido. Somos os primeiros que queremos gañar xa un partido porque dá enerxía, dá confianza. Queremos conseguir unha vitoria xa".

Recoñece que a faceta defensiva "é unha faceta que queremos mellorar. Se encaixas poucos goles, as opcións de gañar son maiores. Nese aspecto temos que mellorar todo o equipo".

Máis novas de: FERNANDO NAVARRO, ADRIÁN