RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Navarro: Todos asinásemos estar a estas alturas nesta posición

Fernando Navarro manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o partido deste sábado en Riazor ante o Real Betis (22.05, TVE) é "atractivo non sóo para mí senón para todos. Que xogase no Sevilla, no outro

Destaca que o conxunto verdibranco "volveuse moi competitivo. Desde o cambio de adestrador, e exceptuando o partido do Sevilla, competíronos todos moi ben. Vai ser un rival moi difícil".

O lateral deportivista lembra que o Betis "é un rival da nosa liga. Vén en liña ascendente tanto en xogo como en puntos. Co cambio de adestrador móstranse moito máis competitivos. É un rival que se reforzou tamén no inverno, con tres ou catro xogadores, e vai ser un partido complicado".

Sobre o ex deportivista Rubén Castro, a gran referencia do Real Betis en ataque, di Navarro que "é un xogador moi perigoso. Sempre está no gol, sempre aparece. Que leve tantos goles, tanto tempo nun equipo, sendo o xogador máis importante dun equipo importante como é o Betis, dio todo. É un xogador con moito olfacto, moito instinto, e unha gran calidade na definición". "É un dos mellores dianteiros da liga", conclúe.

Recoñece que o vestiario está con moitas ganas de gañar un partido xa neste 2016, "porque estivemos moi preto dous ou tres veces, pero por detalles escapóusenos a vitoria. As sensacións e o que crees que podes ter non serve para nada, o que serve é o que temos. Temos 31 puntos, queda aínda un anaco para lograr a salvación. O sábado é un partido súper importante para dar un paso".

Insiste en que o equipo "só mira ao partido do sábado. Sabemos que de gañar, dás un paso importante a nivel de confianza e de clasificación. O foco está posto no sábado. Non pensamos noutros partidos nin no calendario. Unicamente no sábado, na oportunidade que temos ante un bo equipo como é o Betis en conseguir a vitoria".

Sobre os empates que acumula o Dépor, 13 en total, opina Navarro que "levamos moitos, iso é evidente. Gustounos gañar máis, como todos, pero a realidade é esa. Estamos nunha posición boa na clasificación. Todos os que estamos aquí asinásemos estar a estas alturas nesta posición, e coa oportunidade de xogar o sábado na nosa casa, ante un equipo da nosa liga, para tentar dar un paso máis. Nós saímos a gañar todos os partidos. Daquela a estatística di que nos atopamos co empate, pero como dixen creo que se nos escapou por detalles non poder conseguir a vitoria".