RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Necesitamos toda anosaforza en ABANCA-RIAZOR. 2 entradas para Racing e Cádiz a 5 euros

O Deportivo afronta unha semana crave na súa loita por saír da zona de descenso en segunda división. Os dous próximos partidos son en casa, o primeiro deles ante un rival directo nesa loita. Racing (xoves 16, 19:00 h.) e Cádiz (domingo 19, 16:00 h.) visitan ABANCA-RIAZOR e o Real Club Deportivo quere que o Estadio presente o seu mellor aspecto.

Ademais do acceso co carné da temporada para os seus máis de 23.000 socios, o Club pon a disposición de todo o Deportivismo, de toda anosaforza, o resto de aforamento do Estadio con packs de 2 entradas por 5 euros que inclúen unha entrada para o partido contra os cántabros e outra contra os andaluces. Até fin de existencias hai dispoñibilidade de todas as bancadas a ese prezo excepto Marathón Inferior e Área VIP 1906.

As entradas a prezo promocional tamén se poden adquirir por internet, comprando unha localidade para cada partido por separado, en https://www.rcdeportivo.es/entradas.

Fisicamente, os tickets están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Xoves 16 e domingo 19, días dos propios partidos, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

Tamén se poden comprar de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial). O domingo 12, día de apertura especial de Marineda City, a DéporTienda do centro comercial despachará localidades.