RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Nelson e Abel Aguilar incorporáronse ás súas respectivas seleccións nacionais

Os deportivistas Nelson e Abel Aguilar foron as dúas ausencias do adestramento do Deportivo desta mañana no Mundo do Fútbol, case simultáneamente ao realizado pola Atlético de Madrid noutro dos campos de Abegondo.

Portugal, con Nelson na súa lista, enfróntase nun amigable a Panamá o mércores 15 de agosto ás 21.00 (hora local) no Algarve Stadium. Pola súa banda, o mediocentro Abel Aguilar foi convocado pola Selección Colombiana para unha concentración en Madrid ata o mércores 15 de agosto. Está previsto que entre estes días, o conxunto suramericano dispute un amigable.

O adestramento desta mañá do Dépor foi de recuperación para os titulares ante o Atlético, e máis intenso para o resto do persoal. Continúan á marxe do grupo Ze Castro e Salomao.

Mañá luns e o martes haberá xornada de descanso. O equipo retoma os adestramentos o mércores ás 10.30 no Mundo do Fútbol.