RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Neste momento é importante estar todos xuntos", di Seedorf sobre a súa decisión de citar a 21 futbolistas

Clarence Seedorf explicou na sala de prensa de Abegondo o motivo polo que leva a 21 futbolistas, todos os dispoñibles, a Vitoria, para medirse ao Alavés mañá sábado (18:30, Bein LaLiga): "Neste momento é importante estar todos xuntos".

Asegura que os futbolistas branquiazuis "fixeron unha semana intensa, con bos adestramentos e boas sensacións".

Da súa estrea ante o Betis o pasado luns, destaca Seedorf que o Dépor foi "organizado durante os 90 minutos, tácticamente disciplinados. Vimos a un equipo con ganas, que traballou, loitou desde o primeiro ao último minuto. Isto é a base. Isto vai crecer. Seguramente vai mellorar tamén ese aspecto de organización, coraxe para xogar o balón cando se pode, de crear cando hai que crear".

Subliña que ao acabar ese encontro atopouse nas caras dos xogadores "non tristeza, rabia de non conseguir puntos. Ninguén estaba baixo, porque se entendeu que foi un partido ben xogado".

Non cre que o partido de Mendizorrotza de mañá sexa unha final para o Deportivo: "Este partido non vai decidir o éxito do ano. Son 3 puntos e niso estamos a pensar. Máis nada que 3 puntos, importantes como todos".

Para sacar un bo resultado, pide "xogar xuntos, pensar xuntos. Hai que atacar e defender xuntos".