RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Noel e Dani Barcia incorpóranse hoxe luns á selección española sub-19

Noel e Dani Barcia repiten convocatoria coa selección española sub-19, esta vez para dous partidos amigables ante Israel mañá martes 26 de outubro e o xoves 28 en Alfaz del Pi (Alacante).

Respecto da citación do pasado 30 de agosto, neste caso para dous encontros de preparación ante México, cae da lista Trilli, que aínda non volveu aos terreos de xogo despois de caer lesionado precisamente no segundo partido ante os centroamericanos.

Os dous canteiráns, que representarán ao campión de España xuvenil, incorpóranse hoxe luns 25 á concentración deste combinado nacional e regresarán á Coruña o xoves 28, nada máis concluír a segunda das citas ante os israelís. Así pois, Noel só terá unha sesión de adestramento co Deportivo, a do venres 29 ás 10:30 en ABANCA-RIAZOR, antes da visita do Zamora CF prevista para o sábado 30 ás 17:00 horas (Footters).

Noel afianzouse no primeiro equipo como un dos dianteiros de Borja Jiménez, xunto a Quiles e Miku. Onte, en El Sardinero, #undosmeus disputou os últimos 7 minutos de partido. Pola súa banda, Dani Barcia foi titular onte en Abegondo no partido do Fabril de Tercera RFEF ante a SD Sofán. Foi relevado no minuto 82 por Juan Rodríguez, o seu compañeiro no centro da zaga do Xuvenil A na UEFA Youth League.

O calendario de partidos de España sub-19 é o seguinte:

Martes 26 de outubro
16:00: ESPAÑA - ISRAEL

Xoves 28 de outubro
11:00: ESPAÑA - ISRAEL