RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Noel e Dani Barcia tiveron minutos de xogo no primeiro amigable de España sub-19 ante Israel

- Foto: @SeFutbol -

Noel e Dani Barcia están concentrados en Alfaz del Pi (Alacante) coa selección española sub-19 para xogar dous partidos amigables ante Israel. Precisamente dese país é o Maccabi Haifa FC, rival do Xuvenil A na segunda eliminatoria da UEFA Youth League cuxo partido de ida xogarase en ABANCA-RIAZOR o mércores 3 de novembro ás 20:00 horas.

No primeira das citas ante Israel, hoxe martes en Alcoy, caeron pola mínima os españois (0-1), e os dous canteiráns do Dépor tiveron minutos de xogo. Noel foi titular e foi substituído no minuto 61 por Alejandro Jiménez. Pola súa banda, Dani Barcia saltou ao céspede no minuto 70 substituíndo a Álvaro Fernández. Decidiu o choque un gol do israelí Lemkin ao dez minutos de xogo.

O seguinte partido entre as dúas seleccións será este xoves 28 de outubro ás 12:00 en Alzira.

Os dous canteiráns, que representan ao campión de España xuvenil, incorporáronse onte luns 25 á concentración deste combinado nacional e regresarán á Coruña o xoves 28, nada máis concluír a segunda das citas ante os israelís. Así pois, Noel só terá unha sesión de adestramento co Deportivo, a do venres 29 ás 10:30 en ABANCA-RIAZOR, antes da visita do Zamora CF prevista para o sábado 30 ás 17:00 horas (Footters).

O calendario de partidos de España sub-19 é o seguinte:

Martes 26 de outubro
ESPAÑA 0 - ISRAEL 1

Xoves 28 de outubro
12:00: ESPAÑA - ISRAEL, en Alzira