RCD / NOVAS

Noel rescata para o Xuvenil B un merecido punto en Bouzas no minuto 89

05/10/2019 22:50

Un gol de Noel no minuto 89 serviu para amarrar un punto para o Xuvenil B no seu partido ante o Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales, choque que acabou en empate (3-3).

O encontro, correspondente á 5ª xornada na Liga Nacional, foi un constante toma e daca entre os dous conxuntos. Aye e Nájera foron os autores dos outros 2 goles branquiazuis.

Con este resultado, o Xuvenil B é decimosegundo na táboa con 4 puntos.

Xuvenil B: Brais, Concheiro, Añón, Carracedo, Mauro, Pablo Martínez, Aye, Portas, Do Carmo, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Nájera e Noel.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao CD Lugo B.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)