RCD / NOVAS

Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco chegan á Coruña, na segunda semana de pretemporada do Dépor ABANCA

26/07/2020 18:55

As costarriqueñas Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco aterraron este mediodía no Aeroporto da Coruña para integrarse aos adestramentos do Dépor ABANCA.

Mañá luns, as dous internacionais 'ticas' pasarán probas médicas e comezarán a adestrar co equipo de Manu Sánchez entre o martes e o mércores.

O Dépor ABANCA arrinca mañá a súa segunda semana de pretemporada, na que hai previstas 8 sesións de adestramento; repartidas entre Abegondo e Termaria Casa da auga.

A planificación semanal, sempre susceptible de variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 27 de xullo
10:30: Adestramento en Termaria Casa da auga
18:00: Adestramento en Abegondo

Martes 28 de xullo
18:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 29 de xullo
18:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 30 de xullo
10:30: Adestramento en Termaria Casa da auga
18:00: Adestramento en Abegondo

Venres 31 de xullo
18:00: Adestramento en Abgondo

Sábado 1 de agosto
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 2 de agosto
Descanso