RCD / NOVAS

Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco incorpóranse esta tarde aos adestramentos do Dépor ABANCA

28/07/2020 17:45

As costarriqueñas Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco incorpóranse hoxe martes aos adestramentos co Deportivo ABANCA, a partir das 18:00 na Cidade Deportiva.

As novas futbolistas branquiazuis aterraron o pasado domingo no Aeroporto da Coruña e onte luns pasaron as pertinentes probas médicas.

O Dépor ABANCA atópase na súa segunda semana de pretemporada, na que hai previstas 8 sesións de adestramento; repartidas entre Abegondo e Termaria Casa del Agua.

A planificación semanal, sempre susceptible de variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 27 de xullo
10:30: Adestramento en Termaria Casa del Agua
18:00: Adestramento en Abegondo

Martes 28 de xullo
18:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 29 de xullo
18:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 30 de xullo
10:30: Adestramento en Termaria Casa del Agua
18:00: Adestramento en Abegondo

Venres 31 de xullo
18:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 1 de agosto
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 2 de agosto
Descanso