RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco xogan mañá ante Guatemala no centenario da Federación de Costa Rica

- Foto: @fedefutbolcrc -

As xogadoras do Deportivo ABANCA Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco foron convocadas por Costa Rica para disputar dous partidos amigables no seu país, ambos ante Guatemala.

O primeiro deles terá lugar mañá domingo 13 de xuño ás 11:00 (19:00 en España) no Estadio Nacional, xusto o día en que a Federación Costarricense de Fútbol cumpre 100 anos. A selección feminina volve pisar a catedral do fútbol 'tico' despois de 8 anos sen facelo, co obxecto de festexar tal efeméride.

A segunda cita ante Guatemala para as dúas xogadoras do Deportivo ABANCA será o martes 15 ás 10:00 (18:00 en España), esta vez no Complexo Deportivo Fedefútbol Plycem.

Deste xeito, o combinado 'tico' preparará as eliminatorias mundialistas que arrancarán a finais de ano.

Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco únense ás tamén deportivistas Athenea del Castillo e Eva Dios, citadas pola selección española absoluta e sub-19 respectivamente nesta data FIFA.