RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nolaskoain fala de "partido bastante redondo" e Luis Ruiz de "sensacións moi boas"

Peru Nolaskoain e Luis Ruiz atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O centrocampista vasco manifestou que "se viu outro equipo, tal e como dixeramos durante a semana. Viuse un equipo diferente tanto á hora de defender como á de atacar".

Peru insiste en que "hoxe se viu un equipo defensivo. Non nos chegaron a portería. E satisfeitos por esta parte".

Cualificou o partido do Dépor como "bastante redondo. É verdade que nos falta brillo arriba á hora de terminar as xogadas. O equipo deu outra imaxe. Deu imaxe dun equipo sólido, un equipo valente. E quedámonos con iso".

Queda Nolaskoain co positivo, "con que o equipo deu outra imaxe. Esta semana tentaremos ver o que fixemos mal porque hai cousas que tamén fixemos mal. E ir a Lugo a dar a cara e tentar lograr os 3 puntos".

Pola súa banda, Luis Ruiz, que volvía ao once titular no carril zurdo, fala de "empate bastante curto. Por méritos propios merecemos gañar. Ao final te vas con 1 punto que che sabe a pouco. As sensacións son moi boas, pero isto vai de puntos, non de sensacións".

Atopa motivos para ser optimista tralo empate ante o Alcorcón: "O equipo necesitaba algunha reacción. É verdade que non conseguimos a vitoria pero merecemos gañar. De 10 partidos, se xogamos así, gañamos 8 e empatamos 2. Hoxe empatamos. Este é o camiño. Hai que quedar co positivo na situación que estamos. Estou seguro de que a vitoria está moito máis preto que a semana pasada".

A nivel persoal, o lateral deportivista atopouse "ben. A nivel físico traballei bastante co readaptador Fran Molano, cos fisioterapeutas. Teño que agradecer que cheguei en bastante boa forma. Cando vaia collendo ritmo de partidos, estarei aínda mellor. Contento a verdade".