RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nolaskoain móstrase disposto a quedar "até cando faga falta" porque "o importante é terminar"

Peru Nolaskoain abriu a semana de comparecencias públicas na sala de prensa virtual do RC Deportivo.

Estas foron algunhas das frases do futbolista vasco.

Garantías para o regreso e protocolo de LaLiga
"Non hai garantías suficientes por iso hai que esperar un pouquiño a que mellore máis todo. E entón comezar a adestrar individualizado. Paréceme ben e ir incorporándose aos poucos".

"A prioridade para as vacinas, para as probas do COVID-19 téñenas os que están en primeira liña todos os días".

"Necesitamos garantías para volver adestrar e máis para volver xogar. Veremos como van estes días. En base á situación sanitaria de todos empezaremos ou non".

"Estamos a esperar a volver para que nos expliquen as medidas, como faremos para adestrar. Estamos para ir e escoitar o que teñamos que facer".

Regreso ao mediocentro coa chegada de Ba
"Gustaríame volver ao mediocentro pero esa situación tena que controlar o adestrador. En canto volvan os partidos veremos cal é a súa decisión e será aceptada totalmente".

Compromiso do Athletic Club para poder xogar máis aló do 30 de xuño
"Tanto eu como os clubs pensamos que a temporada se acaba cando se acaba o último partido de Liga. E se ese partido é o 30 de xullo, pois así será. Non teño ningún problema en quedarme até tal data ou calquera data".

"Estou disposto a quedarme até cando faga falta. Se se ten que xogar o 30 de xullo xogarase e o 15 de agosto xogarase. O importante é terminar e terminar da mellor maneira posible".

Declaracións de Fali sobre as garantías para xogar e adestrar
"Necesitamos medidas de seguridade suficientes para volver. Non vou entrar no que dixeron outros pero é verdade que necesitamos garantías".

Posibilidades de acabar a liga
"Creo que si. Co tempo irá mellor a cousa e tentaremos, sempre co permiso de Sanidade, empezar a adestrar e logo empezar a competir".

Futuro
"O meu futuro tense que falar cando se acabe o último partido e cando empece a pretemporada. Quedan 11 partidos para acabar a liga, queda moito traballo por facer. É pronto para falar de futuro".

Ascensos e descensos aínda que non se termine a liga
"Téñense que tomar decisións, pero hai que tomalas ben e pensar nas súas consecuencias. No noso caso estamos empatados con 2 equipos a puntos. En ningún caso baixariamos nós en caso de golaverage".

Probas de coronavirus aos futbolistas
"As autoridades teñen que tomar esa decisión. Pídolles que as tomen ben. Hai xente que o necesita máis que nós seguramente. Hai que esperar un pouco a ver se mellora a situación e podemos ter garantías suficientes".

Bota de menos no confinamento
"O día a día, o simple de todos os días: tomar un café, comer con amigos, falar das cousas sentados e tranquilamente".

Día a día nesta situación
"Lévoo ben. Hai intres que matas en casa con calquera cousa. Pero entre facer exercicio, ver series, películas, xogar un pouco pasan os días. Estamos a esperar para volver de forma segura".

Datas para o regreso
"Non nos dixeron nada. Temos que esperar. En base ao que nos digan, actuaremos. O primeiro é a saúde, ter garantías suficientes. En canto teñámolas, valoraremos datas".

Mono de fútbol
"Teño mono de fútbol, de estar cos compañeiros, de competir e de tentar seguir sacando puntos para reverter a situación".

Xogar no verán a porta pechada
"É unha situación excepcional e ante situacións excepcionais hai que tomar medidas excepcionais. Xogar no verán non é que nos guste a ninguén pero hai que facelo, hai que terminar a temporada. E se hai que facelo o 30 de xullo farase. Non creo que a ninguén lle guste xogar neses meses polo clima, pola calor; pero é unha situación excepcional. Débense de tomar medidas especiais".