RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''Non podemos perder este partido'', advirte Medunjanin

Haris Medunjanin calificó en rolda de prensa o partido de mañana venres en Córdoba (20.45, Canle + Liga e Gol T) como "moi importante para nós". "Non podemos perder este partido. Se queremos gañar temos que xogar ben, p

O internacional bosníaco fixo autocrítica ante os medios de comunicación e asegurou que nos dous últimos partidos, ante Espanyol en Cornellá e Xetafe en Riazor,  "xoguei moi mal. Estes dous partidos non foron o meu mellor nivel. Teño que mellorar. Agora vén outro partido e teño que demostrar que estou ben para axudar ao equipo".

Confesa que ve sempre os partidos gravados por televisión. "Hai moitas cousas que teño que mellorar. En defensa teño que mellorar. Teño que estar ben. Se como equipo non xogamos ben, vai ser difícil tamén para min demostrar o meu xogo", afirma.

Ademais, advirte que se as liñas non están xuntas, "vai ser máis difícil para min e para Wilk en mediocampo". "Eu non son un xogador que rouba pelotas. Son un creador que ten que xogar para o equipo e crear xogo para un equipo. Ante o Xetafe, Sarabia púxose á beira meu e onde ía, viña comigo. É máis difícil pasí sacar a pelota para arriba", explica.

Opina que ante a Valencia xogamos "máis xuntos e o resto de partidos non tanto. Temos que entender que o xogo non é só atacar. Hai que defender tamén".