RCD / NOVAS

Normativa para o acceso, permanencia e saída do Estadio ABANCA-RIAZOR

17/10/2020 18:50

O Estadio ABANCA-RIAZOR abrirá por primeira vez as súas portas ao público após o inicio da pandemia por COVID-19 para o Dépor-Salamanca do domingo 18. Os accesos permanecerán abertos desde as 18:00 para o partido que comezará ás 19:00 h. e para o que o Real Club Deportivo preparou todo o dispositivo técnico e humano necesario que permite poder celebralo a porta aberta con todas as medidas preventivas e reactivas necesarias e esixidas polas autoridades nas actuais circunstancias.
O Real Club Deportivo quere lembrar a todos os seus Socios Protectores que adquiriron entrada para acudir ao encontro a normativa da que foron informados nos diferentes anuncios do procedemento de reserva e compra de entradas, mediante a sinalización correspondente no punto de venda de localidades, agora a través das canles de comunicación do Club e o día do evento en todos os puntos de acceso e a través da megafonía do Estadio.
Para o acceso, permanencia e saída do Estadio ABANCA-RIAZOR débese:
  • Evitar aglomeracións na entrada e a saída
  • Pasar un control de temperatura no punto de acceso
  • Hixienizar as mans nos dispensadores dispostos en cada porta
  • Saír de forma graduada por bancadas

É obrigatorio, en todo momento:

    • Utilizar a máscara
    • Manter a distancia de seguridade de 1,5 m.
    • Ocupar a localidade asignada na entrada
    • Permanecer sentado na localidade asignada, salvo para ir ao baño
    • Seguir as indicacións do persoal do Club
    No Estadio ABANCA-RIAZOR está prohibido:
    • Acceder con sintomatoloxía asociada co COVID (febre, tose, dificultade para respirar...)
    • Acceder após contacto estreito con algunha persoa afectada por COVID
    • Consumir alimentos. O servizo de cafetaría permanecerá pechado
    • Fumar

    Ademais, o Real Club Deportivo lembra que para acceder ao Estadio ABANCA-RIAZOR a partir das 18:00 h. será necesario presentar a entrada adquirida. No momento da compra da entrada, rexistráronse os datos de fila e asento asignado a cada socio adxudicatario, responsable desde ese momento do uso posterior desa entrada en caso de rastrexo por COVID. En caso de non ser o usuario definitivo da entrada debe notificalo por correo electrónico ao Club a atencion.deportivista@rcdeportivo.es para permitir a trazabilidade do seu uso. Non será válido ningún carné para o acceso no que se roga mantéñanse todos os protocolos de distanciamento social, tratando de adiantar no posible a chegada ao Estadio a partir das 18:00 h. para evitar esperas de última hora.

    Para abandonar o Estadio, os Socios deberán esperar as instrucións do persoal do Club asignado a cada bancada e as que se darán por megafonía.