RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Notable debut do Xuvenil A na División de Honra

O Xuvenil A iniciou a competición na División de Honra cunha notable vitoria (0-3) na súa visita ao Real Avilés. Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada foron os autores dos goles branquiazuis.

Xuvenil A: Íker, Pablo, Pol, Yuste, Juan Rodríguez, Mario Losada, Víctor, Prendes, Gonçalo Oliveira, Barba e Sarmiento. Tamén xogaron: Fito, Litos, Edu Taboada e Paulo.

A próxima fin de semana toca derbi ante o RC Celta en Abegondo, sen dúbida un dos partidos máis atractivos da liga.