RCD / NOVAS

Notable presenza de #ASNOSAS no triunfo de Galicia sub-17 ante Estremadura

14/12/2018 17:01

As xogadoras do Deportivo ABANCA B Carlota Sánchez e Laura Rivas están a disputar con Galicia sub-17 no campo de Santa Isabel (Santiago de Compostela) a Primeira Fase do Campionato de España de seleccións territoriais.

Na primeira cita, ante Estremadura, as dúas futbolistas branquiazuis foron titulares. Carlota ademais foi a autora dun dos goles galegos (0-2) que serviron para amarrar o triunfo.

Iso si, as estremeñas non o puxeron fácil e chegaron a fallar 2 penas máximas.

O domingo 16, Galicia mídese a Castela e León a partir das 12:30 horas, no partido que pecha esta Primeira Fase do Campionato de España de seleccións territoriais.

O calendario de partidos das galegas é o seguinte:

Venres 14 de decembro
ESTREMADURA 0 - GALICIA 2

Domingo 16 de decembro
12:30: GALICIA - CASTELA E LEÓN