RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nova xornada esixente en Abegondo, con traballo físico e técnico-táctico mañá e tarde

O Deportivo encarou unha nova xornada de dobre quenda en Abegondo: 09:30 e 11:00 pola mañá; e 18:30 e 19:30 pola tarde. As condicións climáticas endureceron o día, pola moita calor reinante na Cidade Deportiva.

Pola mañá, o corpo técnico fixo especial fincapé no aspecto físico, cun circuíto con finalizacións no campo 3. A continuación, no campo 2, Fernando Vázquez supervisou unha tarefa técnico-táctica.

Pola tarde, houbo un circuíto de core e prevención de lesións; e, para concluír, un suave repaso de aspectos tácticos.

Mujaid e Eneko Bóveda adestráronse co readaptador, Fran Molano. Ambos entran na fase final da súa recuperación.

Mañá venres, o cadro continuará cos adestramentos dividida en 2 grupos, tal e como establece o protocolo de LaLiga para a Fase 3: 09:30 e 11:00 horas.