RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Noveno triunfo consecutivo do Dépor ABANCA B, que presenta a súa candidatura

O Dépor ABANCA B logrou ante o UD Llanera (5-0) a súa 9ª vitoria consecutiva en Primeira Nacional. Só o Victoria CF na 1ª xornada de liga foi capaz de frear ás branquiazuis ao rabuñar un empate sen goles.

Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta foron as goleadoras ante o UD Llanera nun partido co que o equipo de Kevin Cabado presenta a súa candidatura todo o máis alto.

Con este resultado, o filial feminino suma 31 puntos por 28 do seu inmediato perseguidor, o Sporting de Gijón.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, Lucía Couto, Paula Novo, María Calvo, Paula Monteagudo, Marta Rico, Carmen Carballada, Laura Otero, Tati, Laura Testa e Noela. Tamén xogaron: Carmen Carballada, Lucía Rivas, Elena Vázquez, Lucía Mariño e Elena López 'Cusi'.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA visita ao CD Parquesol B.

Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0
Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1
Lóstrego CF 2 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela)
Deportivo ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD Llanera 0