RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Novo test de pretemporada para o Infantil, mañá mércores en Vizoño fronte ao Victoria CF A

O Infantil terá mañá mércores 15 de setembro o seu terceiro exame de pretemporada. Será no campo do Pinar de Vizoño fronte ao Victoria CF A, a partir das 17:45 horas.

Os branquiazuis chegan a esta cita amigable após un brillante papel na Oviedo Cup, prestixioso torneo nacional no que lograron unha medalla de prata.

A pretemporada marcha así para o equipo deportivista:

Amigable: INFANTIL 5 (Lucas Regueiro, Casuso, Hugo Ramos e Diego López -2-) - CD CALASANZ B 1
Oviedo Cup: DEPORTIVO 11 (Ioan -3-, Janusz -2-, Rubén -2-, Hugo, Lucas e Iker Casuso -2-) - UD LLANERA 0
Oviedo Cup: JUVENTUD ESTADIO 0 - DEPORTIVO 4 (Lucas, Mosquera, Diego e Janusz)
Oviedo Cup: DEPORTIVO 2 (Iker Casuso -2-) - SPORTING DE GIJÓN 0
Oviedo Cup: DEPORTIVO 0 - ATLÉTICO DE MADRID 10

Definido o seu grupo na Liga Galega

O Infantil quedou encadrado no subgrupo B norte da Liga Galega, con estes rivais: Racing de Ferrol, Galicia Caranza, SDCR Narón O Freixo, SD O Val, SDC Residencia, CD Castro, SD Viveiro, CD Lugo, Ural Español CF, San Tirso SD e Oza Juvenil SD.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son pois 22 xornadas. Os cinco primeiros xogarán a Fase polo Título cos cinco primeiros clasificados do subgrupo B norte. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.