RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Novo torneo amigable para o Fabril FC Benxamín, mañá martes no campo de Berdón en Vilagarcía

O Fabril FC Benxamín encara unha recta final de temporada infestada de torneos amigables.

O primeiro deles foi o pasado sábado 14 de maio no Pavillón Municipal de Ribadumia, con motivo do torneo Arousa Fútbol 7; e o segundo será mañá martes 17 de maio, festividade das Letras Galegas, no campo municipal de Berdón (Vilagarcía de Arousa), na V edición do Torneo Pazo da Golpelleira.

Na primeira fase, o Fabril FC Benxamín medirase ao Arousa F7, AX Saraiba do Mar, Juventud Cambados e Céltiga CF.

O calendario fabrilista é o seguinte:

11:05: FABRIL FC BENXAMÍN - CÉLTIGA CF (campo 2)
12:45: AX SARAIBA DO MAR - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
15:50: FABRIL FC BENXAMÍN - JUVENTUD CAMBADOS (campo 2)
17:30: FABRIL FC BENXAMÍN - AROUSA F7 (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que comezarán ás 18:45.