RCD / NOVAS

Novos prezos dos abonos para 2018

27/12/2017 14:23

Desde o 27 de decembro de 2017 os abonos do Real Club Deportivo actualizan os seus prezos para poder ver de todos os partidos de 2018 (até 30 de xuño) en Abanca-Riazor. Con dez partidos por disputarse até o final de temporada, pódese conseguir un abono do Deportivo pagando entre 175 e 400 euros.

Ademais, en caso de sub-25, ADN Branquiazul, e outros carnés bonificados (estudantes, desempregados, discapacitados, maiores de 65 ou especial nen@s) os prezos fluctúan entre os 55 e os 315 €. Unha gran oportunidade de sumarse á xente mariñeira para o tramo final da temporada.

Os abonos poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. de luns a venres.