RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nuria, con España ao Mundial sub-20; Malena e Teresa, ao Europeo sub-19

A dianteira Nuria Rábano foi convocada pola selección española sub-20 para disputar a próxima edición da Copa do Mundo da categoría, o vindeiro mes de agosto en Francia.

A selección española sub-20 fórmana o groso de xogadoras que o pasado verán proclamáronse campioas de Europa sub-19, nun torneo que Nuria tivo que abandonar por lesión. Aquela vitoria deu a España o billete para a novena edición da Copa do Mundo sub-20, que se disputará na Bretaña francesa entre o 5 e 24 de agosto.

Nuria xa acudiu a unhas xornadas de adestramento na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), entre o 23 e o 25 de abril.

A selección española realizará unha fase de preparación de dúas semanas de duración, do 16 ao 30 de xullo. A expedición desprazarase a Francia o 1 de agosto.

O calendario de España, encadrada no Grupo C da primeira fase, é o seguinte:

Luns 6 de agosto
16:30: PARAGUAI - ESPAÑA, no estadio Guy-Piriou (Concarneau)

Xoves 9 de agosto
16:30: ESPAÑA - XAPÓN, no estadio Guy-Piriou (Concarneau)

Luns 13 de agosto
13:30: ESPAÑA - ESTADOS UNIDOS, no estadio Clos Gastel (Dinan/Léhon)

Os dous primeiros de cada grupo avanzan ás eliminatorias, que comezan en cuartos de final.

Pola súa banda, a gardameta Malena Mieres e a centrocampista Teresa Abelleira, incluídas nunha primeira lista de 35 xogadoras da selección española sub-20, disputarán finalmente o Campionato de Europa sub-19, que se celebrará en Suíza o vindeiro mes de xullo.

Malena, que participou nos adestramentos da sub-20 en abril xunto a Nuria, e Teresa concentraranse na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) o próximo 2 de xullo. O torneo terá lugar entre o 18 e o 30 do mesmo mes no país helvético.

O calendario de España, encadrada no Grupo A da primeira fase, é o seguinte:

Mércores 18 de xullo
15:00: ESPAÑA - NORUEGA, no estadio Niedermatten (Wohlen)

Sábado 21 de xullo
18:15: SUÍZA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Martes 24 de xullo
18:15: FRANCIA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais (venres 27 de xullo) e os vencedores á final (luns 30 de xullo).