RCD / NOVAS

Nuria incorpórase á concentración da Selección Española Sub-19

24/07/2017 13:35

A futbolista do Deportivo ABANCA Nuria Rábano entrou nunha primeira lista de 24 xogadoras para disputar coa Selección Española Sub-19 a Fase Final do Campionato de Europa da categoría, en Irlanda do Norte do 6 ao 21 de agosto.

Nuria concéntrase na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) desde hoxe luns 24 ao venres 28 de xullo, nunha primeira etapa de preparación. Ao finalizar esta concentración, farase pública a lista definitiva de 18 convocadas que viaxarán a Irlanda do Norte o 6 de agosto.

España quedou encadrada no grupo A, con Irlanda do Norte, Alemaña e Escocia. O calendario da Primeira Fase do conxunto español é o seguinte:

Martes 8 de agosto
19:00: IRLANDA DO NORTE - ESPAÑA, no National Football Stadium de Belfast

Venres 11 de agosto
15:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Shamrock Park de Portadown

Luns 14 de agosto
19:00: ESPAÑA - ESCOCIA, no Mourneview Park de Lurgan

Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais, que se xogarán o xoves 17 de agosto.

Segunda semana de pretemporada para o Deportivo ABANCA, co primeiro amigable

O Deportivo ABANCA afronta a segunda semana de pretemporada, que se pechará co primeiro amigable, este domingo 30 de xullo no campo 7 da Cidade Deportiva de Abegondo ante a Torre (12:00 horas).

A planificación semanal do equipo que dirixe Manu Sánchez, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 24 de xullo
19:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 26 de xullo
19:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 27 de xullo
19:00: Adestramento en Abegondo

Venres 28 de xullo
19:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 29 de xullo
12:00: Adestramento en Abegondo

Domingo 30 de xullo
12:00: Deportivo ABANCA - Torre, en Abegondo (campo 7)