RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nuria prolonga a súa relación co Dépor ABANCA

Nuria Rábano, dianteira do Deportivo ABANCA, prolongou a súa relación co Club, polo que cumprirá a súa terceira campaña vestindo de branquiazul.

Nuria é unha das futbolistas que formaron parte do primeiro cadro do Dépor ABANCA, na Temporada 2016-2017. A xogadora santiaguesa chegou procedente do Atlético Arousana. Desde entón, disputou 37 partidos en Segunda División Nacional, nos que anotou 27 goles.

Campioa de Europa sub-19 o pasado verán, Nuria concentrarase en datas vindeiras co combinado español sub-20 que participará no Mundial de Francia durante o mes de agosto.