RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Nuria Rábano fai historia ao clasificarse con España para as semifinais do Mundial sub-20

- Foto: @SeFutbolFem -

A dianteira do Deportivo ABANCA Nuria Rábano está concentrada coa selección española sub-20 na Copa do Mundo da categoría, que se celebra na Bretaña francesa.

Hoxe xoves 16 de agosto no estadio Guy-Piriou (Concarneau), España mediuse a Nixeria en cuartos de final. Venceron as hispanas (2-1), grazas aos goles na primeira metade de Aitana Bonmatí e Patricia Guijarro.

As africanas recortaron diferenzas tralo descanso cun gol de Peace Efih, pero o marcador xa non se movería grazas a un gran traballo das futbolistas españolas.

Con este marcador, España, con Nuria Rábano entre as 21 elixidas aínda que hoxe sen saltar ao céspede, clasifícase por primeira vez na súa historia para as semifinais dun Campionato do Mundo sub-20.

O rival en semifinais, o luns 20 de agosto (19:30, en Vannes) será Francia ou Corea do Norte.

O combinado nacional meteuse en cuartos de final como primeiro do grupo C ao empatar (2-2) o pasado luns no terceiro partido con Estados Unidos, que por primeira vez na historia queda fóra na primeira rolda dunha competición que gañaron en tres ocasiones (2002, 2008 e 2012).

Tralo descanso dese encontro, Pedro López, técnico español, fixo debutar á deportivista Nuria, que no minuto 59 saltou ao céspede en substitución de Lucía García.

Nos outros dous partidos da Primeira Fase, o combinado nacional superou (1-0) a Xapón e goleou a Paraguai (1-4). En ambos os encontros, Nuria Rábano seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O calendario de España, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase (Grupo C)
Luns 6 de agosto
PARAGUAI 1 - ESPAÑA 4

Xoves 9 de agosto
ESPAÑA 1 - XAPÓN 0

Luns 13 de agosto
ESPAÑA 2 - ESTADOS UNIDOS 2

Cuartos de final
Xoves 16 de agosto
ESPAÑA 2 - NIXERIA 1

Semifinais
Luns 20 de agosto
19:30: ESPAÑA - FRANCIA ou COREA DO NORTE, no estadio La Rabine (Vannes)