RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nuria Rábano, na súa despedida: "Son unha persoa que nunca pecha portas. A xente volve onde foi realmente feliz"

Nuria Rábano pasouse pola sala de prensa virtual do Club.

Estas foron algunhas das frases da atacante galega após confirmar a súa saída do Deportivo ABANCA.

Adeus após unha temporada histórica

"Foi un ano ilusionante porque foi o primeiro en Primeira División e polo que fixemos. Teño que estar moi orgullosa do que fixo o equipo e eu persoalmente. Estou contenta de que haxa xente que se fixase, que é moi bo tamén para o Dépor ABANCA. Tomei esa decisión e espero que sexa a correcta. E se non é así, vivir outra experiencia nova".

Marcha de referentes galegas

"É certo que cada vez son menos galegas. Ao final non ten porqué notarse a nivel futbolístico pero para o Club, para a cidade era bo ter esa xente que viva isto desde Galicia, con galegas. Supoño que as máis pequenas seguirán mantendo ese espírito. Miriam era bastante exemplo de todo o que significaba o Deportivo. Para nós, como Tere ou eu, tamén o significaba. Pero é fútbol. Ao final separounos e espero que nos volva a xuntar nalgún momento. O Dépor ABANCA sempre vai estar para nós e nós para eles. Temos 21 anos e hai que voar. Opino así. Espero que a xente que veña viva isto como o vivimos nós. E o goce como tal. Eu creo que se van a namorar deste Club".

Despedida no vestiario e mensaxes de ánimo

"Gustaríame despedirme acabando a liga, véndoas a todas, volvendo adestrar con elas. Sabemos que todo isto foi diferente. Mediante chamadas, mensaxes por WhatsApp eu seguía vendo a algunhas das compañeiras, porque ao final somos amigas. E iso estame alegrando a vida porque é necesario. Vainos a vir ben saber que nos temos as unhas ás outras. O corpo técnico e outras persoas chamáronme por teléfono. Falei con quen tiña que falar e dixen o que tiña que dicir para despedirme. 

As mensaxes son un apoio moi grande. A afección estivo aí moito tempo e téñolle un gran agarimo. Estou moi agradecido por todas as mensaxes, que foron máis ben de apoio que de crítica ou malas palabras".

Portas abertas a un regreso

"Son unha persoa que nunca pecha portas. A xente volve onde foi realmente feliz. O fútbol é un deporte, o noso traballo, cos anos que teño debo saír fóra, a buscarme a vida. É o que para o meu futuro vexo mellor. Inicio outra experiencia nova, outro reto que me gusta moito. Por parte do Deportivo ABANCA esas portas están abertas tamén. Non pecho nada nun futuro, volver ao equipo branquiazul".

Decisión meditada

"Estaba súper ben no Deportivo ABANCA. Son unha persoa que o vive todo no presente, non miraba cara a outro lado. Neste tempo houbo contactos e ao final te dás conta que somos novas, temos moito por diante e é o noso traballo. Non é algo máis. Levoume a tomar esta decisión o meu futuro e os novos retos. Para min era necesario cambiar de aires. Quero seguir aprendendo futbolísticamente e seguir crecendo a outros niveis. Non a tomei hai moito tempo e custoume moitísimo".

"Foi difícil tomar a decisión. Levaba 4 anos no Dépor ABANCA e sempre quixen quedarme moito máis. Foi unha decisión valente e súper forte".

Novo destino

"Ata que sexa oficial non debo confirmar os rumores".

Mellor e peor momento no Deportivo ABANCA

"Houbo momentos bos e momentos malos, malísimos. Pero non cambio nada porque eses momentos malos axudáronme a ser máis forte, a madurar, a mellorar moitísimo. Superei cousas que non pensei que ía superar. 

O peor momento non o teño. Lesións por agora non houbo ningunha gravísima. Pero tiven un ano de moitas lesións que me impediron gozar. Iso é o peor que me pasou.

E o mellor foi o ascenso a Primeira. Persoalmente e como equipo é onde demos o salto. A nivel individual viuse que ía subindo cara arriba, que as lesións ían sendo moito menos. O primeiro ano na Primeira Iberdrola foi moi bo. Todo iso leva algo detrás".

Expectativas para o futuro

"Espero un ano de novidades porque é un equipo novo, empezo de cero, cidade nova. Gustoume moito o proxecto porque se parece ao destes anos. Buscaba minutos e espero xogar, traballar. Estou ilusionada, sinto moito apoio. Aínda que teño morriña polo que deixo aquí, é ilusionante saír".

Futuro do Deportivo ABANCA

"Foi o meu equipo todo isto tempo e téñolle un agarimo especial. Vivín o máximo aquí. Quero o mellor para o Deportivo ABANCA. Hai que confiar nos de arriba porque saben o que fan. Espero que nos boten un pouco de menos pero no bo sentido; e que gocen como o estaban facendo até agora. Teñen unha preparadora física incrible e un corpo técnico espectacular. Van saír as cousas e van facer outro gran equipo. Doulles todo os meus ánimos".