RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O 8 de xullo, último Clínic Feminino en Abegondo

  O venres 8 de xullo a Cidade Deportiva de Abegondo acollerá o cuarto e último Clínic Feminino destinado á participación de xogadoras que queiran tentar dar o salto ao Dépor Feminino. Onte se celebró, po

Para participar na última das xornadas, o venres 8 de xullo, á que poden acudir todas as nenas que queiran poden probar, basta con ter 13 anos xa cumpridos. As interesadas deben inscribirse en deporfem@rcdeportivo.es ou no teléfono 626 646 037 antes do xoves día 7.
 
Ademais, o campo de Ponche dous Brozos en Arteixo será o escenario do Campus "Fútbol feminino para todas", gratuíto e aberto a calquera idade. Polo momento son 50 as xogadoras inscritas, que estarán nas instalacións deportivas de 10.00 a 14.00, do 4 ao 8 de xullo. É a segunda edición do campus que organiza o Atlético Arteixo en colaboración co Orzán SD, e, desde este ano, tamén co RC Deportivo. O contacto para informarse e poder participar é deporfem@rcdeportivo.es ou o teléfono 626 646 037.