RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O aforamento de ABANCA-RIAZOR será de 150 persoas por partido

A Xunta de Galicia comunicou esta tarde ao Real Club Deportivo o aforo definitivo do Estadio ABANCA-RIAZOR para os partidos deste próximo domingo día 8 (12:00 h. Dépor-Coruxo -TVG2- e 19:00 h. Dépor ABANCA-Sevilla FC): 150 espectadores en cada caso.

Dada a imposibilidade neste prazo de tempo de organizar a venda das escasas entradas que o Club podería despachar, unicamente atenderanse os compromisos oficiais da entidade, polo que non se porán á venda entradas para ningún dos dous partidos. Concretamente, para cada un deles, determinouse o seguinte:

Dépor-Coruxo: as entradas dispoñibles cubrirán os compromisos oficiais inescusables que debe atender o Real Club Deportivo en cada un dos partidos que organiza como local.

Dépor ABANCA-Sevilla: ademais dos compromisos oficiais do Deportivo ABANCA, e dado que xa se conta cunha listaxe de solicitantes, o Club porase en contacto cos Deportivistas que pediron formalmente invitación para o partido de hai unha semana en Abegondo (Dépor ABANCA-Santa Teresa) e que a última hora tívose que disputar a porta pechada, para que dispoñan da entrada que non puideron gozar a pesar de serlles asignada fai sete días.

O Real Club Deportivo agradece a todos os seus seguidores a comprensión ante as medidas adoptadas nunha situación tan cambiante e complexa para todos.