RCD / NOVAS

O Albacete ten previsto aterrar mañá ao mediodía no Aeroporto da Coruña

05/09/2019 13:15

O Albacete Balompié, rival do Dépor este sábado 7 de setembro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, Movistar LaLiga), ten previsto aterrar mañá venres 6 de setembro ás 15:15 (hora aproximada) no Aeroporto da Coruña, nun voo procedente de Valencia.

Na cidade herculina, o hotel de concentración do conxunto manchego será o Tryp Coruña (zona de Catro Camiños).