RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Alcalde visitou ao Dépor de LaLiga Genuine antes da última xornada da temporada

O Alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou este mediodía o adestramento do equipo do Deportivo que participa en LaLiga Genuine, que ultima a súa preparación para a derradeira xornada da temporada, que terá lugar a próxima fin de semana en Vigo.

Ferreiro acudiu á Cidade Deportiva da Torre para dar ánimos aos deportivistas ante esta última cita ligueira do curso. Tamén estivo xunto ao rexedor herculino a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga.

A xornada final de LaLiga Genuine 2017-2018, que se disputará o sábado 26 e domingo 27 de maio, terá como escenario as instalacións do Real Club Celta nos arredores de Vigo, a Cidade Deportiva da Madroa.

O Deportivo terá o seguinte calendario de encontros:

Sábado 26 de maio
10:00: GIMNÀSTIC DE TARRAGONA - DEPORTIVO
17:00: DEPORTIVO - ATHLETIC CLUB
Domingo 27 de maio
11:30: DEPORTIVO - HUESCA

Manu Sánchez, técnico do Deportivo ABANCA, e o seu axudante Miguel García Esmorís farán esta vez de adestradores en ausencia de Pablo Barros, que deberá acudir co Benxamín A á fase final do Campionato Galego que tamén se celebra esta fin de semana.

Os xogadores convocados para a cita de Vigo son os seguintes: Ignacio García, Víctor Vales, José Manuel Esmorís, Senén Fernández, Sergio Díaz, Iván Bernárdez, Daniel Trasancos, Álvaro López, Iván Lorenzo, Jesús Máximo González, Juan Agustín Torrens, Alejandro Gómez, Anxo Martínez, Javier Martínez, José Manuel Serrano e Roi González.

Todos os partidos de LaLiga Genuine divídense en 4 tempos de 10 minutos cada un e o resultado final é o de períodos gañados por cada equipo e non o de goles anotados. É dicir, o marcador máis avultado que se pode dar é o 4-0.

En LaLiga Genuine, ademais da suma de puntos polos resultados deportivos, co fin de que prime a deportividade e non a competitividade, todos os clubs contan cada xornada cunha serie de puntos que premian o xogo limpo. Trátase dunha liga para compartir, non competir, e todas as accións que promoven o fair play son premiadas con puntos na clasificación final.